O CD Arenteiro confirma a marcha de Jorge Regal, que se despedirá do equipo este domingo no partido de copa en Celanova
O Club deu a coñecer este sábado a decisión na súa páxina WEB e nas redes sociais. O técnico dirixirá por última vez ao equipo este domingo 27 de Decembro no campo de San Rosendo de Celanova en partido de volta dos octavos de final da Copa Deputación ante o equipo local do Sporting Celanova ( 0-0 na ida en Espiñedo).
No comunicado oficial do club agradécese o traballo desenvolvido por Jorge Regal dende o pasado mes de Xullo, cando se fixo cargo da dirección do equipo. Aínda que no primeiro tercio da liga o equipo estivo a un bo nivel e incluso en varias xornadas figurou en postos de promoción de ascenso, a deriva negativa dos últimos partidos provoca unha decisión que se veu madurando no transcurso da última semana.
O club tamén confirma que despois deste partido en Celanova faise cargo dos adestramentos e dirección técnica do equipo, ainda que de forma eventual, o preparador físico, Diego López.