CD Arenteiro 2-2 Cultural Areas
Carballiñeses e ponteareáns repartiron puntos na primeira xornada da segunda volta no municipal de Espiñedo, moi encharcado polas continuas chuvias dos últimos dias, nun partido marcado polo derroche físico, sobre todo dos xogadores do Arenteiro, que volveron levar o peso do partido e mereceron algo máis que un empate. Foi a despedida do Arenteiro do adestrador eventual e preparador físico Diego López, na grada presenciou o partido o novo adestrador verde, Manel Vázquez.
Non deixou de chover durante todo o partido, nunha tarde invernal que levou a Espiñedo menos público do habitual. Do Arenteiro foron as mellores ocasións de gol do partido, pero a falta de definición nos útlimos metros sigue penalizando aos verdes e desta vez, ademáis, a boa actuación do meta visitante Aarón, cun par de intervencións moi meritorias.
Aínda que a Cultural Areas encontrouse coa fortuna da súa parte para adiantarse no marcador, non lle perdeu a cara ao partido o Arenteiro. A recompensa chegou no minuto 42 co empate de Marcos Castro, logo no m. 66 Dani Arbo dáballe a volta ao marcador cun perfecto testarazo tras un lanzamento de Sanginés. Xa na postrimería do partido empataban os de Ponteareas.
A nota máis negativa do encontro foi a lesión na dentadura de Dani Vázquez tras un lance no xogo cun rival.
CD Arenteiro: Pachi, Ocampo, Maxi, dani Arbo, Pana, dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sangines, Bardelás, Gele e Esteban.