Presentada a Iniciativa Popular Local contra a instalación da incineradora de neumáticos, asinada por 771 veciños do municipio
Necesitábase a sinatura do 20% do censo electoral do concello de Maside -508 sinaturas- e finalmente foron 771 veciños e veciñas de Maside os que suscribiron a presentación desta Iniciativa Popular Local.
A petición formalizouse por parte de Plataforma Masidá ante o rexistro municipal do concello de Maside.
Propoñen unha "deliberación no Pleno da Corporación que teña como consecuencia un acordo de rexeitamento a unha instalación dunha fábrica de incineración de neumáticos", que pretende ubicarse no monte comunal do pobo de Bouzas.
Para elo, a corporación deberá elaborar unha norma de carácter orgánico pra a participación da veciñanza no pleno do conello, según o previsto na lei reguladora de Bases de Réxime Local.
Os promotores desta IPL consideran que o proxecto sería altamente contaminante, e por tante perxudicial tanto para a saúde das persoas como para o medio ambiente. Mentres, o alcalde Celso Fernández, defende a viabilidade deste proxecto que crearía unhos 20 postos de traballo.
Impugnan a constitución da Xunta Rectora da comunidade do M.V.M.C. de Bouzas
Seis veciños do pobo entenden que a constitución da Xunta Rectoral foi ilegal, por non reunir os requisitos legais para a convocatoria da asemblea. Por este motivo, presentaron impugnación ante a Consellería do Medio Rural solicitando a nuliddade de pleno dereito de esta Xunta Rectora e de calquera acorde que fora adoptado pola mesma.