Imos de tapas: os hostaleiros carballiñeses homenaxean esta semana ao polbo
Os carballiñeses e todas as persoas que se acheguen este venres dia 29 de Xaneiro aos locais participantes na ruta das tapas poderán degustar ata trinta formas diferentes de tapas cuxo produto central é o pulpo.
Tosta de pulpo con queixo do Cebreiro e base de puré de pataca; pulpo con fabas; salpicón de marisco con pulpo; salteado de verduras con puré de pataca e pulpo á grella; pulpo con gambas e cachelos… Son algunhas das tapas que se presentaron hoxe e que mañá poderán ser degustadas nos vintenove bares, mesóns e restaurantes do Carballiño que participan na Ruta das Tapas, e que mañá, venres, 29 de xaneiro, celebra a súa cuarta edición.
O acto de presentación desenvolveuse no local social da parroquia de Arcos, berce das pulperías e pulpeiros. Ata alí se achegou un nutrido grupo de hostaleiros que exhibiron e explicaron as súas creacións culinarias, como mostra da gran variedade de formas que hai de preparar o pulpo, ademáis da habitual do pulpo á feira.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, que acompañou aos hostaleiros nesta presentación, agradeceu a creatividade e o compromiso do sector para converter ao Carballiño nun referente da gastonomía en Galicia.
Pola súa parte, o concelleiro de Promoción Turística, José Manuel Dacal, destacou o éxito acadado nas anteriores edicións e desexou unha concurrencia semellante na xornada deste venres. Tamén dixo que a venda de rifas nos locais de hostalería para participar nun premio de 1.000€ e unha viaxe, ía a bo ritmo, e axudaba a promover á hostalería local.
A cuarta edición da xornada gastronómica dedicada ás diferentes variedades do pulpo, se desenvolverá mañá, venres, 29 de Xaneiro, a partir das 20,00 h., nos 29 locais hostaleiros adheridos a esta iniciativa.