O mal tempo motiva o aprazamento do desfile do Martes de Entroido, que se celebrará o próximo domingo coincidindo coa Festa da Cachucha
O desfile de comparsas, previsto para este martes de entroido, trasládase ao próximo domingo, debido á previsión meteorolóxica de temporal, con ventos fortes, que podería por en perigo a seguridade das persoas que ían participar nas carrozas e no desfile.
Por isto, o concurso se celebrará o domingo de piñata, 14 de febreiro, coincidindo coa celebración da XXII Festa da Cachucha.
Dende a concellalía de Cultura se informou ás preto de vinte comparsas e murgas, inscritas para participar no desfile, deste cambio, que ven obrigado pola pésima predicción do tempo que hai para a tarde do martes, con ventos superiores aos 60 km/hora e chuvia constante.
Ao longo desta semana se informará do horario previsto para o desfile do próximo domingo, no que participarán a práctica totalidade das comparsas inscritas, ademáis das charangas e folións que xa están contratados.
A única actividade que se mantén para este martes é o entroido a cabalo dos felos de Maside, polas parroquias de Señorín, Partovia e Mesego, con saída do instituto nº 1 a partir das 10,00 h.