Os controis da Policia Local constatan un descenso das infraccións por exceso de velocidade nas rúas carballiñesas
A campaña de control de velocidade levada a cabo pola policía local nas avenidas e rúas do casco urbano do Carballiño está a dar un bo resultado, a tenor dos datos obtidos, que amosan a reducción a un tercio das infraccións cometidas por este motivo.
Concretamente, os controles da policía local propiciaron un total de 18 denuncias por exceso de velocidade, cando na campaña anterior do pasado ano se chegaron a contabilizar máis de 50. Das 18 denuncias, 10 supuxeron perda de puntos, ata 24 en total, e 5 conlevaron multas de 300 e 400 euros. As velocidades detectadas polo radar van dos 66 km/h, ata os 90 km/h, cando os límites de velocidade en todos estes casos é de 50 km/h.
A iniciativa púxose en marcha o pasado 18 de febreiro, coa intervención de ata cinco unidades simultáneas, incluido un coche dotado cun radar e coches camuflados. A rúa que rexistrou maior incidencia en canto a sancións máis graves foi a estrada de Ribadavia, onde se chegaron a detectar velocidades de 80 e 90 km/h, que conlevan sancións de 300 e 400 euros, ademáis da detración de 2 e 4 puntos, respectivamente, no permiso de conducir. A velocidade máxima permitida nesta rúa é de 50 km/h. Pero non foi nesta rúa onde máis infraccións se cometeron, senón na rúa Ourense, onde se formularon 9 denuncias, que oscilaron entre os 72 e os 85 km/h, conlevando sancións de 300 e 400 euros, e a perda de 2 e 4 puntos, respectivamente.
Na avenida 25 de Xullo, con precedentes de moitas queixas reciñáis, só se formularon 2 denuncias, detectándose, polo tanto, un elevadísimo grao de respecto ao límite de velocidade. Outra das rúas que foron obxecto de control especial foi a avenida Castelao, onde tamén se producen habitualmente queixas veciñáis ante situacións de risco por conducción a velocidade excesiva. Sen embargo, en toda a campaña non se percibiu ningunha infracción por exceso de velocidade e, polo tanto, non se realizou ningunha denuncia. Do mesmo xeito, tampouco houbo infraccións nin denuncias nas avenidas e rúas Galicia, San Cibrán, Balneario e Astureses.
O obxectivo desta campaña era non só exercer un control e denunciar os excesos de velocidade, senón concienciar aos conductores e conductoras da necesidade de respectar os límites de velocidade, para evitar situacións de perigo tanto para os peóns como para os demáis vehículos.
De feito, a campaña comezou tras ser anunciada previamente nos medios de comunicación e redes sociais, co fin de que se divulgase o máximo posible e tivese o efecto preventivo que se perseguía dende o principio. Isto fai que, tanto para o responsable da policía local, Francisco Valeiras, como da área de seguridade municipal, Adolfo Nogueira, se albergue un certo optimismo con respecto ao incremento da responsabilidade dos conductores e conductoras no cumprimento dos límites de velocidade, sobre todo, dentro do casco urbano, que é onde a conducción temeraria pode conlevar un maior perigo.
Os controis leváronse a cabo durante varios días, e centráronse especialmente nas avenidas e rúas Castelao, Galicia, San Cibrán, Balneario, 25 de Xullo, Compostela, Astureses, Rivadavia e Ourense. O remate desta campaña non significa que se deixen de facer controles de velocidade, senón que se siguen facendo pero con carácter alternante, de modo que non se produza ningún tipo de relaxación no cumprimento das normas de circulación, en especial, dos límites de velocidade.