Arenteiro e Allariz deixan aberta a eliminatoria de Copa para o partido de volta no Luis Cid Carriega
Empate sen goles no encontro de ida correspondente aos cuartos de final da Copa Deputación de fútbol, xogado na tarde do Xoves Santo no Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha boa afluencia de público. O Arenteiro dominou o partido durante os 90 minutos, pero foi un dominio absolutamente estéril, incapaz de crear ocasións claras de gol, mentres que os alaricanos a duras penas traspasaban a liña divisoria do centro do campo.
As contadas ocasións de gol do Arenteiro chegaron nos primeiros compases do encontro, despois foi un querer e non poder, sobre todo nos metros finais. No minuto 44 pudo variar o signo do partido, pero o meta alaricano Kote desviou o penalti lanzado por Martín Pérez. Na segunda parte, na que ademáis o Allariz evidenciou un baixón físico, o Arenteiro seguíu co seu dominio ficticio, deixando a resolución da eliminatoria para o partido de volta no Luis Cid Carriega, alá para o 17 de Maio.
CD Arenteiro:Pachi, Marcos Castro, Maxi, V. Gallego, Pana, Dafonte, Martín Pérez (Esteban, m.71), Dani González (Vilachá, m.80), Dani Vázquez (Naym, m. 85), Vitti e Marcos Sotelo (Iván Portos, m. 26)