Pola calada, coma sempre
Resulta ser que en Garabás queren colocar unha antena de telefonía. Resulta ser que os veciños non están dacordo coa ubicación proposta xa fai moito tempo. E resulta que no concello de Maside teñen coñecemento desta oposición. Fai cinco meses que cento vinte veciños firmaron en contra, e esas cento vinte firmas tiveron entrada no Concello de Maside.
Resulta ser tamén que nesas mesmas datas, dous concelláis, pedíronlle ós veciños que se "tranquilizaran" e prometéronlle a eses mesmos veciños que farían todo o posible para que a torre non se ubicara dentro da poboación.
Pois ben, medio ano despóis, os veciños de Garabás seguen coa espada de Damocles da antena coa consiguiente alarma social e preocupación polos efectos do invento na súa saúde e por suposto, ninguén do Concello de Maside, tivo a habilidade, decencia ou competencia de dar algunha explicación.
Somella que en Maside, os proxectos que afectan ós veciños hai que facelos con absoluto secretismo. Que a poboación sepa o menos posible, Claro, non vaia ser que se monte unha protesta coma a que se organizóu coa barbaridade da incineradora de rodas e o alcalde e compañía perdan prestixio.
Dende Garabás quixéramos que nas decisións municipáis que afecten directamente ós veciños, se nos informe, que non se nos ningunee e que se conte con nos, así como contan cando veñen casa por casa a pedirnos o voto.