A piragüista do Fluvial Avión, Mónica Piñeiro, 3ª clasificada na Copa de España de Piragüismo

18, Abril 2016

A pasada fin de semana desputábase no encoro de Alange, na provincia de Badajoz, a Copa de España de Media Maratón de piragüismo para veteranos, cun recorrido de 13 kilómetros, que estivo condicionado polas adversas condicións meteorolóxicas.

Na categoria femenina, a palista do Fluvial Avión Mónica Piñeiro segue acaparando éxitos deportivos, desta vez como 3ª clasificada na competición. O seu compañeiro, tamén do Fluvial Avión, Pedro Andrés García, acadou o 7º posto na categoria masculina.