"O Tribunal nomeado para seleccionar aos auxiliares de Policia Local é ilegal", afirma o Partido Popular. Nogueira defende o procedemento e reta aos populares a acudir ao xulgado.
O Concello do Carballiño convocou un procedemento de selección para cubrir catro prazas de auxiliares de Policia Local, como persoal laboral temporal por un periodo de 4 meses.
O grupo municipal do Partido Popular afirma que "no tribunal designado está un axente que é delegado sindical e incumple o artigo 60 do Estatuto Básico de Emprego Pùblico", e critica o feito de que "en moitos anos o xefe da Policia Local non está no tribunal, demostrándose asi falta de confianza na súa laboura".
Os populares non entran a cuestionar "se no tribunal están funcionarios que foron en listas electorais, pois consideramos que a independencia de cada quen nas súas funcións de traballador público deben estar garantidos".
Ademáis poñen baixo sospeita o feito de que se vaia realizar primeiro a proba escrita -para pasar o primeiro corte- e logo as probas físicas "cando o habitual e o máis transparente é o contrario", aseguran dende o Partido Popular.
O concelleiro de persoal defende a legalidade e reta ao Partido Popular a acudir ao xulgado
Adolfo Nogueira saíu ao paso das manifestacións feitas polos populares, asegurando que "non existe tal ilegalidade, xa que este representante do Sindicato de Policia pode formar parte do Tribunal, pero xa foi sustituído para evitar calquera conflicto, e sustituído no tribunal por outro policia, antes de que o Partido Popular fixera o seu comunicado".
"Se eu tivera coñecemento dunha ilegalidade no dudaría en acudir ao xulgado e denunciala", remarcou.
O concelleiro responsable de persoal e da propia Policia Local manifestou que "alguén asesorou mal" ao portavoz do PP. Nogueira dixo sentirse perplexo ante o comunicado do Partido Popular, asegurando que sendo Marnotes alcalde no ano 2013, "esta mesma persoa xa formara parte do Tribunal dese ano".
Parra acceder ao comunicado íntegro do Partido Popular prema no arquivo adxunto: