O BNG quédase cun único concelleiro na corporación municipal, tras abandonar a formación Marco Antonio Reboredo
O Bloque Nacionalista Galego quédase cun único concelleiro na corporación municipal do Carballiño, tras confirmarse a baixa na formación de Marco Antonio Reboredo.
O concelleiro, que ademáis veu exercendo durante os últimos anos como responsable do consello local do BNG no Carballiño, abandona o BNG por "non compartir a liña política que está seguindo o Bloque Nacionalista Galego", según comentou a esta emisora de radio.
De feito, o BNG pedíulle -por escrito- que renuncie á súa acta de concelleiro do BNG na corporación municipal do Carballiño, á que accedeu como nº 2 da candidatura do BNG-Asembleas Abertas nas eleccións municipais de Maio de 2015.
Según avanzou a esta emisora de radio, Marco Antonio Reboredo ten a intención de seguir exercendo como concelleiro, polo que tería que pasar a formar parte do grupo dos non abscritos.
Asi as cousas, Chema Ferreiro quédase como único concelleiro do BNG da corporación carballiñesa.