A Consellería de Infraestructuras mellora o firme da estrada OU-212 nos municipios de Avión e Beariz
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuniuse co alcalde de Avión, Antonio Montero, ao que lle trasladou que a Xunta executará obras de reforzo de firme na estrada entre A Ermida e Beade (OU-212), ao seu paso polos municipios de Avión e Beariz.
Na estrada OU-212 procederase á rehabilitación localizada mediante fresado e reposición, en zonas comprendidas entre os puntos quilométricos 6+250, concretamente na saída cara o núcleo Beariz e o 8+820, na entrada a Liñares.
Estas reparacións beneficiarán aos veciños dos concellos de Avión e Beariz. Ethel Vázquez tamén lle explicou ao rexedor que na estrada OU-212, no treito entre os PK 0, na Ermida, e 6+250, á saída de Beariz, no marco doutro contrato, tamén se estenderá un tratamento superficial para proceder á regularización da vía e posteriormente aplicarase en todo o ancho da calzada un microaglomerado en frío.
Ademáis, a veciñanza de Avión veráse beneficiada pola actuación na OU-212, que finaliza a 1,5 Km do límite entre Beariz e Avión.