O Arenteiro, obrigado a remontar en Bande para chegar a final de Copa
O Arenteiro, que xogou un mal partido en Espiñedo e acabou perdendo por 0-1, necesitará unha remontada o pròximo domingo en Bande, para superar esta eliminatoria de semifinais da Copa Deputación.
En ningún momento da tarde soubo o Arenteiro xogarlle a este Bande, nin xiquera a partir de quedarse os visitantes con 10 xogadores no minuto 39, tras a expulsión do seu dianteiro Iglesias por encararse e golpear coa cabeza a Martín Pérez.
Conforme ían pasado os minutos os verdes mostrabanse incapaces de nin xiquera chegar con perigo á portería rival, consecuencia da precipitación no xogo, mentres que o Bande -ben armado atrás- aproveitou a veteranía do seu dianteiro Diéguez para marcar no minuto 72 de partido.
Lamentar, ademáis, a lesión de Marcos Sotelo, que apenas levaba un par de minutos no terreo de xogo e resultou lesionado, sufre unha luxación de clavícula que necesitará intervención cirúrxica. Xa cos catro cámbeos feitos, o porteiro suplente Pachi tivo que saltar ao campo.
Con este resultado, non lle queda outra ao Arenteiro máis que gañar o partido de volta e, a poder ser, marcando máis dun gol, se quere chegar á final do Couto do próximo 11 de Xuño.