O concello renuncia a contratación de brigadas de extinción de incendios "por entender que se trata dunha competencia autonómica". O PP lamenta "a deixadez, irresponsabilidade e vagancia" do grupo de goberno.
O concello do Carballiño renuncia á contratación de brigadas de prevención e extinción de incendios forestais, "por entender que se trata dunha competencia autonómica que debería asumir directamente a Xunta de Galicia, e porque non pode asumir o custo adicional que representa este servizo para as arcas municipais, nin contar coas instalacións adecuadas para albergar aos brigadistas".
Neste senso, as condicións que se establecen para realizar esta contratación -manifestan dende o concellos- resultan de difícil cumprimento para o concello, xa que esíxense 50 hectáreas de desbroce de monte por cada brigada e resultan difíciles de realizar e certificar.
O motivo principal "é que se leva ás brigadas a camiños e a montes de difícil acceso onde non poden entrar maquinaria pesada, como os tractores, e así resulta imposible acometer o traballo e cubrir os obxectivos", subliñan.
Por outra parte, considérase mais idóneo o desbroce daquelas zonas forestais próximas ás vivendas, que pudieran poñer en perigo bens e persoas, e isto non se contempla. No fondo -indican dende o goberno municipal- existe unha clara discriminación con respecto ás prioridades e ao papel que deben xogar os concellos nesta cuestión, quedando relegados a un segundo plano na toma de decisións pero debendo asumir a responsabilidade dun servizo para o que non é competente nin para o que non conta cos recursos necesarios e suficientes.
Por todo isto, o concello do Carballiño vese na obriga de renunciar á contratación destas brigadas, que é un servizo de ámbito autonómico e que, como tal, debe asumir directamente a Xunta de Galicia.
O Partido Popular lamenta "a deixadez, irresponsabilidade e vagancia" do grupo municipal de goberno.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto: