O concello inicia un plan de mellora de estradas, cofinanciado pola Xunta e Deputación
O actual goberno de Piñor "estableceu como prioridade a mellora do firme das estradas do concello, motivo polo cal, recén chegados ó goberno fixemos unha análise polo miúdo da situación actual das estradas do concello, se valorou e se estableceu unha priorización na sua execución",manifestan dende o concello.
Coas últimas choivas o deterioro agravouse polo que o Alcalde de Piñor, José Luis González, afirma que "todas as obras teñen que ter unha planificación tanto temporal como de execución polo que era necesario a chegada do bo tempo para que deran comezo nas condicións óptimas".
As estradas que o concello de Piñor arranxará durante o verán e ata a entrada do outono serán:
1. Estrada da Eirexe de Torcela ao Outeiro .
2. Estrada de Vilar á Eirexe de Torcela.
3. Estrada de de acceso ó pobo Outeiro de Torcela.
4. Camiño de Coiras a Carbadelliña .
5. Camiño de Outeiro de Loeda que une coa estrada que vai a Carballiño.
6. Reparación do firme da estrada de Piñor a Loeda.
7. Pavimentación das rúas do pobo de A Corna.
8. Pavimentación da estrada de Coiras ó cruce de Sextos.
Segundo o Alcalde de Piñor, José Luis González; “As obras de mellora do firme das estradas están financiadas polo Concello de Piñor, pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Ourense; que pon de manifesto que a colaboración entre Administracións é necesaria coa finalidade de levar adiante proxectos nos pequenos concellos do rural. Trátase de obras moi demandadas polos veciños e que sen dúbida permitirán mellorar a súa calidade de vida, e un incremento na seguridade viaria; posto que teñen que pasar por elas diariamente.
O Alcalde afima que é “consciente de que estas non son todas as necesarias pero sí son as máis urxentes e as que afectan a máis poboación; son coñecedor da necesidade do acceso ó pobo de Sextos, da estrada de Senra, e da necesidade de unha boa capa de rodaura para a estrada de Loeda-Piñor que acometeremos o próximo ano; así como outros pequenos camiños que nunca tiveron asfalto e son merecentes delo. Este é o primeiro ano de lexislatura e traballamos para dotar Piñor e os seus pobos de bos accesos que non supoñan unha traba na accesibilidade para os seus veciños”,subliña o alcalde de Piñor.