Incompetentes

10, Xuño 2016

Os do Concello dicían o outro día que a situación da Biblioteca era herdada e que acudirían á Xunta. Agora din que son incompetentes pra extinción de incendios, e que tamen é competente a Xunta, e doutra banda cooperan coa Xunta e a Deputación pra o plan de mellora de estradas ¿Alguén entende este guirigai? A única explicación que lle encontro é o que eles mesmos recoñecen, que son incompetentes pra todo. E iso que cando estaban na oposición parecía que comerían o mundo. Falaban da Biblioteca e parecía que serían capaces de competir coa Biblioteca Nacional, falaban do Balneario e parecía que ampliarían os horarios, mellorarían as prestacións, e de paso traerían a praia da Lanzada o Carballiño.

O mellor o que hai que eliminar non son as deputacións, senon certos concellos que goberne quen goberne, sempre son incompetentes pra todo. E que sirven pra colocar o fillo, a irmá, o amiguete, e fanfarronear facendo gala orgullosamente da propia incompetencia.