A Festa do Pulpo abarrota O Carballiño e a hostelería local fai o agosto
A gran pulpada galega do segundo domingo de agosto volveu mostrar o seu gran poder de convocatoria de cada ano no Carballiño, eso sí, cada vez a festa faise máis urbana e perde partidarios no parque municipal, aínda que a concurrencia segue a ser multitudinaria, pero ésta é a tendencia, gaña a festa no casco urbano e perde asistencia na celebración campestre.
O número de caldeiras de pulpo repartidas polo casco urbano xa supera amplamente as instaladas no parque municipal, ademáis durante toda a semana precendente a afluencia aos locais de hostelería foi moi elevada. Durante os últimos dias a ocupación hoteleria no Carballiño foi practicamente total.
Según os datos da concellería de turismo, tal dia coma hoxe, servironse unhas 150.000 racións de pulpo no Carballiño, polo tanto a conta é fácil de botar, a 7 euros a ración da unha suma que rebasa lixeiramente o millón de euros, cifra que representa so unha parte do total da facturación da hostelería local nesta data.
No recinto oficial do concello no parque municipal degustaron o menú da festa 1.200 persoas, e no resto das tabernas instaladas na zona central do parque, á hora punta, a ocupación tamén foi plena, aínda que acaso con máis fluidez que outros anos, apenas sen aglomeracións.
E con algunhas caras novas entre os asistentes máis mediáticos, como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo -unha novidade a súa presenza- que compartíu protagonismo no acto institucional co alcalde do Carballiño Francisco Fumega. Dende unha posición máis discreta tamén se deixou ver o candidato socialista á Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga.