O Arenteiro inicia a liga con victoria ante o Erizana de Baiona, 4-1.
Os verdes sairon con gran intensidade dende o inicio e no minuto 16 xa gañaban por 2-0, tras dous goles de Rubén Arce. A primeira media hora do Arenteiro foi primorosa, anticipandose e presionando ao rival en medio campo, e levando constante perigo sobre a portería do Erizana.
Un balón de Rubén Arce ao poste e un tiro de Dani Chimpín que se foi fora por pouco completaron nesta primeira media hora o recital do Arenteiro, que pudo irse ao descanso cunha ventaxa máis clara no marcador, por exemplo, se o árbitro Alberto Rey sinalase un clarísimo penalti sobre Rubén Arce no minuto 44, pero non quixo pitálo.
Tras o paso por vestiarios, o Arenteiro acusou o esforzo físico, sobre todo no centro do campo, e o equipo de Baiona tratou de aproveitalo, aínda que sería novamente o Arenteiro o que golpearía co 3-0 no minuto 67 por medio de Dani Vázquez.
Os visitantes recortaron diferencias no marcador xa no minuto 79 ao transformar un penalti. A piques de cumplirse o tempo, Iván Portos completou a faena, co 4-1 definitivo.
CD Arenteiro: Isra, Maxi, Adrián Padrón, Arbo, Vllachá, Cuquejo, Dafonte, Dani Chimpin, Rubén Arce, D. Vázquez e Carlos de Dios. Tamén xogaron Adrián Pol, Esteba, Iván Portos e Varandela.
Na fotografía, o segundo gol do Arenteiro, obra de Rubén Arce, de cabeza.