Os socialistas esixen á Deputación que proceda a rematar as obras na estrada de Feás
A Agrupación Socialista de Boborás segue a facerse eco das numerosas queixas recibidas por parte dos veciños e afectados polas interminables obras na estrada OU-514, entre Brués e Feás, polo que anuncian a recollida de sinaturas, entre a propia veciñanza, para esixirlle á Deputación provincial de Ourense, en tanto que titular da vía, que remate, dunha vez por todas, as citadas obras.
Na actualidade, ademais, hai unha determinada zona, coñecida coma “A Trincheira”, na que a obra leva máis dun ano paralizada.
O secretario Xeral da Agrupación Socialista, Javier Lamas manifesta que “xa alertamos, dende primeiros de ano, da situación de perigo que esa paralización provocaba, pola falla de seguridade na zona e, desgraciadamente, xa van varios accidentes nese mesmo lugar”.
As obras interminables son unha constante nesta vía, que xa leva 20 anos con elas, "con anuncios continuos de remate das mesmas, sobre todo cando se achega unha cita electoral, pero sen que se concreticen realmente unha vez pasan as eleccións, denuncian os socialistas de Boborás", remarcan os socilaistas.
Ademais, indican dende a Agrupación Socialista de Boborás, que a situación é grave abondo porque hai que ter en conta que se trata dunha estrada vital, non só, para comunicar e artellar unha parte moi ampla do Concello de Boborás, senón que tamén comunica á N-541 coa provincia de Pontevedra, supoñendo unha alternativa ao paso do Alto do Paraño.