O Arenteiro arranca un punto no Couto ante o Ourense CF
Típico partido de rivalidade xogado con moita intensidade, duro por momentos e con bastante emoción o que pudo verse no Estadio do Couto, que rexistrou unha boa entrada, con numerosa presenza de afeccionados do Arenteiro.
Eso si, os dous equipos evidenciaron dúas propostas futbolísticas distintas. O Arenteiro, a pesar das numerosas baixas, combinando e querendo ir polo partido, fronte a un Ourense máis reservado e fiando a súa sorte aos seus xogadores estrela, Anderson e Wadir.
Ambos equipos tiveron ocasións de desnivelar ao seu favor o partido, pero unhas veces o desacerto dos dianteiros e outras as boas intervencións dos gardametas, fixeron que ao final o 0-0 campease no marcador.
Tanto Ourense como Arenteiro remataron o partido con 10 xogadores, por expulsión de Alexis -vermella directa- nos ourensáns e Saúl -doble amarela- nos carballiñeses.
O CD Arenteiro presentou o seguinte once titular: Israel, Vilachá, Maxi, Arbo, Saúl, Adrián Padrón, Bardelás, Carlos de Dios, Rubén Arce, D. Vázquez e Alberto. Tamén xogaron Varandela, Esteban, Iván Portos e Adrián Pol.