Preferente Galicia: CD Arenteiro 2-0 CD Pontellas
O Arenteiro sigue contando por victorias os seus compromisos como local nesta liga, desta vez dous destellos dos verdes foron suficientes para marcar dous goles e resolver o partido nunha tarde gris do Arenteiro ante a súa afección, con máis de 700 espectadores en Espiñedo.
Non foi, nin moito menos, a mellor versión do Arenteiro nesta liga, aínda que afortunadamente dous destellos serviron para gañar ao Pontellas, tras un partido igualado e de pouco ritmo por ambos equipos.
No minuto 34 unha gran asistencia de Dani Chimpin dende a banda dereita servíu para que Varandela, de cabeza, adiantara aos verdes. E no minuto 83 Rubén Arce conseguíu o gol da tranquilidade, un gran gol, tras unha acción personal, enviando o balón á escadra da portería visitante, inalcanzable para o gardameta do Pontellas.
No descanso, o club homenaxeou a Elvira Míllara, unha das socias máis antigas do Arenteiro, que en 58 anos de historia, sempre estivo ao lado do equipo na súa bancada de Espiñedo.
Xogaron de inicio este partido ante o Pontellas: Pachi, Vilachá, Maxi, Padrón, Iván Portos, Bardelás, Dani Chimpin, Carlos de Dios, Rubén Arce, Varandela e Alberto. Tamén o fixeron Dani Arbo, Adrián Pol, Esteban e Cristián.
Esta semana hai doble compromiso en liga, o mércores dia 12 o Arenteiro viaxa ao difícil campo do Cultural Areas, e o vindeiro domingo dia 16 recibirá en Espiñedo ao Mondaríz.
Na foto, o segundo gol do Arenteiro, obra de Rubén Arce.