O Partido Popular critica "a irresponsabilidade e incompetencia" dos gobernantes municipais por non prorrogar o contrato dos Auxilares de Policia Local
O grupo municipal do Partido Popular asegura que o concello do Carballiño contaba coa autorización da Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta, asi como a correspondente partida orzamentaria para proceder a unha prórroga dos contratos por un periodo de 2 meses.
Os populares considerán que é unha "irresponsabilidade" do concelleiro de seguridade Adolfo Nogueira, e critican a pasividade do alcalde Francisco Fumega.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: