CD Arenteiro 1-1 CD Moaña
Primeiros puntos que os verdes deixan escapar de Espiñedo nesta liga, e primeiro gol que encaixa o Arenteiro tras manter a súa portería a cero nos últimos seis partidos. Un gol para cada equipo, ambos na segunda parte, e polo visto no terreo de xogo un resultado final bastante xusto.
Unha primeira parte apenas sen ocasións, salvo unha bastante clara por parte do Arenteiro, que fallaron primeiro Dani Chimpín e logo o rexeitamento do porteiro, Dani Arbo.
Precisamente, o central verde sería protagonista negativo do encontro tras golpear coa cabeza a un contrario e deixar ao seu equipo cun xogador menos aínda con moito partido por diante, resultaría expulsado con vermella directa no minuto 66.
A expulsión de Arbo fixo que o equipo tivese unhos minutos de descontrol, e momentos despois adiantábase o Moaña nun lanzamento de falta que Israel rexeita e Rober, moi atento marca.
Tamén o Moaña se queda cun home menos no último cuarto, por doble amarela dun dos seus. No minuto 77 chega o golazo de Vilachá, que dende a banda dereita lanza un centro-chut que se cola pola escadra.
A partir do empate o Arenteiro envalentónase e vai polo partido, e a piques estivo de conseguilo, xa que nunha das últimas xogadas da tarde Alberto Blanco tivo nas súas botas o gol da victoria, pero evitouno nunha sensacional intervención o meta visitante.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Arbo. Saúl (Iván Portos, m 78), Cuquejo, Bardelás (Esteban, m. 72), Dani Chimpin (Dafonte, m.62), Rubèn Arce, Dani Vázquez (Alberto, m. 44) e Carlos de Dios.