DO PSdeG de Leiro sobre o procedemento de selección de peóns forestais
O Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro quere denunciar a pouca vergoña que amosa o grupo de goberno do PP, tentando limpar a súa imaxe mediante convocatorias que teñen máis de paripé ca doutra cousa. No día de hoxe, os socialistas tiveron coñecemento de que se realizaron unhas probas para a selección e contratación de 4 peóns forestais para o mantemento das zonas verdes do municipio. Dende o PSOE de Leiro cren que esta convocatoria só resposta a un lavado de cara do grupo de goberno, tentando aparentar transparencia e bo goberno, cando todo o mundo coñece as prácticas caciquís coas que soe operar o Partido Popular nos Concellos da provincia de Ourense. Os socialistas coidan que cunha convocatoria onde os membros do tribunal calificador son, prácticamente, designados polo Alcalde, ten poucos visos de manter a parcialidade, coñecendo os antecedentes do rexedor. De feito, presuntamente, xa se chamaron ás persoas que van ser escollidas finalmente, a quen se lles fan unhas bases adecuadas á súas características. Dende o PSOE denuncian que este procedemento de selección pouco ten que ver coa transparencia nin co respecto á concorrencia competitiva que se debe asegurar dende as administracións públicas. Os socialistas de Leiro consideran que o goberno trata de tomar o pelo á cidadanía con estes procesos, supostamente, amañados, cando todo o municipio sabe que entran os de sempre, ano tras ano. Os socialistas, co seu Portavoz á cabeza, Manuel Rodríguez, esixe total transparencia nos procesos de selección e persoal do Concello de Leiro e que calquera persoa poida presentarse ás probas en igualdade real de condicións.