O comercio carballiñés celebra este sábado o "Shopping Day" con grandes descontos e actividades de animación
O Centro Comercial Aberto organiza este sábado, 17 de novembro, un DÍA DE COMPRAS (SHOPPING DAY) con importantes descontos, agasallos, unha exhibición de patinaxe artística e cinco concertos de grupos musicais nas prazas e rúas da vila. Nesta iniciativa participan un total de 39 establecementos comerciais que abrirán pola mañá, de 10,00 a 13,30 h., e pola tarde, de 14,30 a 21,00 h.
Trátase de establecementos asociados ao CCA, que engloban a prácticamente todas as actividades do sector, como moda infantil e de adultos, calzado, complementos, librerías, conxelados, xoguetes, xoiería e pintura, entre outras. Estes establecementos destacarán pola colocación de globos nas súas fachadas, que será o indicativo desta oferta especial do comercio carballiñés.
Anúncianse descontos que van dun 10% a un 40%, e ata un 50% en segundas unidades. Asemade haberá agasallos e un sorteo de 300 euros en vales de compra para os clientes que merquen en calquera destes 39 establecementos.
Pero o Centro Comercial Aberto elaborou, ademáis, unha xornada cun amplo programa de actividade cultural. Así, actuarán cinco grupos musicais e haberá unha exhibición de patinaxe artística. Os concertos previstos son os seguintes: 33 RPM, na rúa Xosé Pontes; Teez Trío, na Praza Emilia Pardo Bazán; Tropa Korriban, na Praza Maior; Canela Cafuné, na Praza de Abastos; Súper Aphonics, na rúa Curros Enríquez, e Tiutsider, na rúa Martínez Avellanosa.
Dependendo do tempo, estas actuacións, así como o flalshmobe de patinaxe artística a cargo do club AEHDE, trasladaríanse a unha carpa á Praza Maior, en caso de chuvia. Nesta mesma praza instalarase un photocall cos personaxes favoritos de Star Wars Galicia.
O evento foi presentado polo presidente do CCA, Juián Garriga; a xerente da asociación, Noelia Mares, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.
Todos destacaron a ampla e moderna oferta comercial do Carballiño, así como a oporturnidade de realizar compras dun xeito ventaxoso, e animaron aos veciños da comarca e da provincia a achegarse ata a vila e disfrutar coa animación cultural e os agasallos que se ofrecen nestes 39 comercios