Fumega anuncia varios proxectos municipais, entre eles a mellora integral da iluminación pública nas rúas do casco urbano
O alcalde carballiñés avanzou, no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio, varios proxectos nos que na actualidade traballa a institución municipal.
Fumega anunciou a intención do goberno municipal de executar un proxecto integral de mellora da iluminación pública a través da implementación nas rúas carballiñesas da tecnoloxía LED, un proxecto que superará o millón de euros de investimento e para o que o rexedor municipal agarda unha axuda europea.
Ademáis, e neste caso con fondos propios, o concello carballiñés iniciará nas vindeiras semanas unha reforma do alumado público na rúa Martinez Avellanosa, onde se instalarán 24 novos puntos de luz que sustituirán aos actuais.
O Alcalde do Carballiño tamén se referíu a outras actuacións e obras municipais no transcurso desta entrevista radiofónica, que pode escoitarse nesta mesma páxina WEB, no apartado de programas, no arquivo correspondente ao lúns dia 21 de Novembro.