O Arenteiro resolve en media hora o partido en Verín, 1-4.
Aos dez minutos os verdes xa gañaban 0-2 no Arjiz verinense, e á media hora o partido quedaba liquidado cun contundente 0-4 a favor do Arenteiro, con doblete de Dani Vázquez e Rubèn Arce. Xa co tempo culplido, os locais fixeron o chamado gol da honra.
Saíu en tromba nos primeiros minutos de partido o Arenteiro decidido a resolver o partido pola vía rápida e evitar complicacións, asi no minuto 9 Dani Vázquez, que xa merecera o gol nunha xogada anterior, abríu o marcador para os verdes. Tan so un minuto despois Rubèn Arce facía o segundo gol do Arenteiro.
De novo Dani Vázquez aos 25 minutos e Rubèn Arce aos 30 minutos, redondeaban con dous novos goles unha primorosa media hora de partido dos verdes, que non perdonaron as facilidades concedidas en defensa polo Verín.
Na segunda metade, o Arenteiro baixou a intensidade e propiciou que o Verín tivera maior presenza ofensiva, xa no minuto 90 chegaría o gol de David Rodríguez para o Verín.
CD Arenteiro: Israel (Pachi, m. 72), Pol, Saúl, Padrón, Vilachá (Alberto, m. 49), Dafonte, Bardelás (Esteban, m. 54), Dani Chimpín, Rubèn Arce (Vitti, m. 59), Dani Vázquez (Iván Portos, m. 64) e Carlos de Dios.