O Partido Popular critica a"utilización indebida do Grupo de Emerxencias Municipal" como persoal de limpeza no colexio da Uceira
O Partido Popular asegura que mentres os efectivos de Atención ás Emerxencias realizan labores de persoal de limpeza nas instalacións do colexio da Uceira, o servizo de emerxencias permanece desatendido.
Culpan desta situación "á incompetencia" do concelleiro de seguridade e persoal, e requiren ao alcalde do Carballiño para que tome medidas no asunto.
Pola súa parte, o concelleiro aludidos nas críticas polos populares, Adolfo Nogueira manifestou no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio que "non hai ningún problema para que estes traballadores poidan realizar esa función, polo que dixo non entender a denuncia do Partido Popular.
Aclarou, ademáis, que se trata dunha situación transitoria ata que non se proceda á contratación por parte do concello de persoal espefícico para esta función, a limpeza dos centros escolares públicos
Nogueira recriminou ao Partido Popular que critique que este feito "cando no goberno de Marnotes deixaron a O Carballiño sen servizo de emerxencias".
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: