As ondas do mar de Vigo
Non te escoita, noso amigo, teu amor non é correspondido. O teu espellismo non ten nin talante nin talento, tan só barrunta milongas ó vento.
Sacaríamos as feridas das feridas como as notas saen das notas,tomaríamos os teus membros desencaixados polo teu fondo desamor pra tornalos nunha lira que afinase sen rendir pleitesía, a melodía das tuas fondas agonías.
O amor fai dos seus amantes bos sabios como o ceo.
E xa sabes noso amigo, que a pureza das tuas penas esta moi dentro de ti.
Enterra a lembranza das promesas incumplidas, e non teñas pena por quen as fixo, que xa convertiu en lixo a ilusión máis puramente concebida.
Ou mellor bótaa ó mar, porque a terra está plagada de escombros e inmundicias de almas miserables que desexan e ansían a a túa pureza profanar. Pero non tentes sustituir o vacío da túa paixón con vicios mundanos como desenterrar burros ou enrolarte en brazos políticos armados.
Que poidas esquecer o teu alcalde querido é o noso cometido, as ondas do mar, as ondas do mar de Vigo.
A serpe de tres cabezas vive das bocas de escravas travestidas, de outeiros sacudidos, das proas das naves naufragadas a través da fogosa escuma nos beizos do mar, que van pechando con figuras extranas, derrotadas,un triste ciclo que é mellor olvidar.
A escuridade péchase coa Luz e coa repugnancia fronte os actos que non merecen compaixón.
E non temas noso amigo, virá un tempo mellor, un tempo sen o teu amado alcalde, o teu alcalde querido...