Traballada victoria do Arenteiro en Baiona, 0-1.
O Arenteiro recupera posto de ascenso directo na clasificación da Preferente Galicia tras gañar ao Erizana CF no campo Val de Martín, de Baiona, e grazas a un gol de Carlos de Dios no minuto 73 de partido.
Pudo o Arenteiro marcar moito antes se non desaproveitase as varias ocasións das que dispuxo no transcurso do partido. Na primeira parte con dous balóns moi claros que se pasearon por diante da portería local sen que encontrasen rematador, e nun cabezazo de Padrón que se foi alto por pouco.
Todo esto nunhos primeiros 45 minutos sen un claro dominador no xogo,aínda que os locais non lograban crear perigo real ante a portería de Pachi.
O Arenteiro saíu mellor que o seu rival na segunda metade, na que un balón ao poste de Dafonte tras unha boa combinación dos verdes e un cabezazo de Martín Sánchez ao que respondeu o meta local cun paradón enorme, foron as mellores ocasións do Arenteiro antes do gol de Carlos de Dios.
Nos últimos minutos, o Erizana apretou pero o marcador xa non se moveu,polo que o Arenteiro logra comezar a segunda volta do campionato con victoria en campo contrario.
A nota negativa da tarde foi a lesión de Saúl, no minuto 12 de partido,con fractura dun dedo do pe dereito.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (M. 12, Pana), Cuquejo (M. 59 Bardelás), Dafonte, Chimpín (M. 75, Sanginès), Arce, Vitti M. 68. Dani Vázquez) e De Dios.