Cinco persoas son evacuadas en Cabanelas, tras resultar afectadas por inhalación de fume
Cinco persoas, tres adultos e dous menores, resultaron afectadas por inhalación de fume ao declararse un pequeno incendio na súa casa, na parroquia carballiñesa de Cabanelas.
As vítimas foron evacuadas ao Complexo Hospitalario de Ourense Segundo as informacións facilitadas polos servizos de Emerxencias ao 112, o incendio afectou unicamente á televisión do salón da vivenda, situada en Cabanelas.
Todo puido deberse a un curtocircuito. Aínda que o lume foi sufocado polos propios particulares,non obstante o fume afectou a toda a vivenda.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 3:30 horas da madrugada deste pasado domingo para alertar da situación. O persoal da central de emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.