Pleno da corporación e concentración na Praza Maior
A Corporación Municipal do Carballiño celebrou esta mañá unha sesión extraordinaria na que o alcalde procedeu a dar lectura a un comunicado institucional no que expresou "a máis enérxica repulsa pola morte violenta da veciña Virginia Ferradás".
"Este feito merece a máis absoluta condena, asi como unha fonda reflexión acerca da violencia machista, que é unha das lacras deste tempo e por desgraza se repite con moita frecuencia", recolle a declaración asinada polos grupos políticos da Corporación.
O concello do Carballiño declarou tres dias de loito oficial, e as 12 da mañá tivo lugar na Paza Maior unha concentración de condena por este asesinato e de solidariedade coa familia da vitima.