En marcha unha campaña informativa sobre a presenza dos animais de compañía nos espazos públicos
O concello do Carballiño pon en marcha unha campaña para impedir o uso indebido dos espazos publicos polos animais de compañía. Asemade, realizará un seguimento para esixir a identificación e o saneamento destas mascotas.
Estas e outras iniciativas foron presentadas hoxe pola concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz; o concelleiro de Seguridade, Adolfo Nogueira, e o responsable da Policía Local, Francisco Valeiras.
Os tres puxeron de manifesto que se trata dunha campaña informativa e de concienciación por parte de toda a cidadania, pero especialmente daquelas persoas que transgreden a ordenanza municipal ao respecto.
Neste sentido, deixaron moi claro que, no caso de que se incumplan, procederase a sancionar aos responsables con multas que poden chegar ata os 750 euros. Érika Paz asegurou que estas iniciativas eran unha das demandas máis solicitadas polos veciños e veciñas, que solicitan ao concello un maior control e rigor coas persoas irresponsables que permiten que os seus cas defequen nas rúas, nas prazas e noutros lugares públicos con absoluta impunidade, provocando situacións de insalubridade ademáis de ensuciar o pobo.
Por isto, a concelleira apelou á sensibilidade da cidadanía para que se implique nesta campaña.
Adolfo Nogueira, pola súa parte, confirmou que as queixas veciñais nesta cuestión eran dun gran calado, e puxo de manifesto a dificultade para poder multar ás persoas reincidentes nestas accións incívicas que afectan a toda a cidadanía, pois é necesario que sexan pilladas in fraganti, según dixo.
Non obstante, asegurou que por parte do concello íase actuar con máis dureza e que se ían a poñer en marcha medidas para facilitar a presentación de denuncias e poder multar ás persoas infractoras.
A este respecto referiuse finalmente o responsable da Policía Local, dicindo que íanse poñer ao servizo dos cidadáns nas oficinas da Policía Local uns impresos para formular as denuncias. E, no tocante ás probas que se requiren, admitirase tanto que se presenten fotografías como a testemuña de dous testigos. Esta é unha modalidade que tamen se emprega nas multas de tráfico.
Para ilustrar esta campaña editouse un cartaz, que foi deseñado por Xurxo Pérez Silvares, co obxectivo de chamar a atención e “sinalar” aos posibles infractores como “porcos” e provocar a súa reacción cara a unha práctica máis cívica.
O concelleiro de Seguridade dixo ao respecto que, ainda que o cartaz pode molestar, non se dirixe ás persoas con mascotas que son responsables e son a maioría, senón aos irresponsables, que son unha minoría que non respectan os dereitos dos demais. Neste sentido, foi craro: “son uns porcos os que o fan”, dixo.