A Confraría da Veracruz, que cumple o décimo aniversario da súa fundación, prepara unha Semana Santa con varias novidades
Unha imaxe de “A Borriquiña” (Xesús montado nunha burra na entrada triunfal a Xerusalén) será unha das novidades da próxima Semana Santa no Carballiño, cuxo programa relixioso ten xa prácticamente ultimado a Cofradía da Veracruz.
De feito esta imaxe, que foi encargada a un dos novos escultores de imaxinería máis renomados de Sevilla, Manuel Madroñal Isorna, atópase xa na vila.
Non obstante, non se presentará ao público ate o domingo 26 de febreiro, no que será bendecida durante unha misa en conmemoración da entrada de Xesús en Xerusalén, no templo da Veracruz.
A imaxe, que será a gran novidade da procesión do Domingo de Ramos, foi esculpida no obradoiro do escultor imaxineiro sevillano Isorna. A imaxe está tallada en madeira de cedro e pintada ao óleo. O pasado mércores desprazáronse a Sevilla varios integrantes da Cofradía carballiñesa para trasladala ata a vila, onde está gardada ate a súa presentación pública.
O feito de que esta imaxe se presente e se bendiga o domingo 26 de febreiro ven motivado polo nomeamento como cofrade de honor á Brigada de Infantería Lixeira BRILAT “Galicia” VII, cuxo xefe, o xeral Cebrián Carbonell acaba de ser ascendido e trasladarase fóra de Galicia, polo que antes de que isto se produza a Cofradía adianta este nomeamento e faino coincidir coa bendición da nova imaxe. Precisamente, a banda da Brilat acudirá á procesión de Ramos.
Non será sen embargo a única novidade da próxima Semana Santa no Carballiño, pois a Cofradía da Veracruz ten elaborado un amplo e intenso programa de actividades, que será dado a coñecer oficialmente o 17 de marzo, cando se presente tamén o cartel promocional, que nesta edición terá una importante difusión nas principais cidades do sur de Galicia.
Neste ano 2017 a Cofradía cumpre o décimo aniversario da súa creación, polo que será unha Semana Santa cunha significación especial para esta entidade que ten reservadas máis novidades para dar un maior realce a estas celebracións relixiosas no Carballiño.