CD Arenteiro e Ourense CF reparten os puntos en Espiñedo
Empate a un gol ao final dos noventa minutos e outra tarde máis -algo xa habitual- de gran ambiente no graderío do Estadio de Espiñedo, nun partido ao que asistiron o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e os vicepresidentes José Manuel Fernández e Gustavo Falqué.
Reparto de puntos e reparto tamén de ocasións de gol entre ambos equipos, as máis claras na primeira parte de Carlos De Dios para os locais e de Ardersson para os visitantes. No minuto 41 adiantase no marcador o Arenteiro dende os once metros, ao transformar a pena máxima Dani Chimpin.
Na segunda parte non se xeraron moitas ocasións ante ambas porterías, pero Martín Lamelas aproveitou a que tivo no minuto 59 para empatar o partido, 1-1, que xa sería definitivo.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Dafonte, Martín, Pana, Dani Arbo (Padrón, m.50), Cuquejo (Alberto, m.55), Bardelás, Dani Chimpin, Vitti (Dani Vázquez, m.84) e Carlos de Dios (Rubén Arce, m. 63).