O Grupo Socialista lamenta o peche parcial da oficina de Abanca, que só abrirá dous dias á semana
O Portavoz Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, insta o Concello do Irixo a que negocia cos responsables de Abanca para que se manteña o servizo de apertura da súa oficina todos os dias da semana.
Ademais, os socialistas, solicitarán que o grupo de goberno do concello do Irixo inste a súa vez a Deputación de Ourense para que lle de prioridade, ademais de outros convenios e acordos que xa ten firmados con esta entidade, a un acordo para que Abanca se comprometa a manter o servicio diario actual nas oficinas do rural e mais concretamente na do Irixo que se pretende pechar 3 días de 5 con carácter semanal.
Os socialistas lamentan o anuncio por parte desta entidade de que a partires do próximo 17 de marzo de 2017 a oficina de O Irixo so abrira os martes e xoves, permanecendo pechada o resto da semana.