Alcalde e Alternativa Veciñal-En Marea "céntranse no consenso e aparcan diferencias"

24, Febreiro 2017

O alcalde Francisco Fumega e Alternativa Veciñal-En Marea deciden "centrarse nos obxetivos de consenso aparcando as diferencias", según manifestan a través dunha nota de prensa.

A declaración de intencións chega tras unha xornada de reunións, primeira pola mañá e logo pola noite, entre alcalde, concelleira de Facenda e o concelleiro Bernardo García, que acudíu a estas reunións acompañado por outros cinco representantes de Alternativa Veciñal-En Marea.

"Ambas partes reafirman o compromiso de cumplir o acordo plenario de 29 de Outubro de 2015 polo que se remunicipalizarán diversos servizos, comezando polo de recadación", afirman.

Anuncian a creación dunha comisión mixta "da que en principio autoexclúese o alcalde, para estudar a viabiliade de que se cumpla o programa de recuperación do servizo dacordo coas 4 fases asinadas para a aprobación dos orzamentos de 2017", ainda que matizan "dado o retraso no proceso por non aprobarse os orzamentos antes de final de 2016, faráse un axuste no programa".

Tamén se acorda "ir incorporando os cobros das taxas dende o concello creando unha oficina a tal efecto" asi como "incluir na vindeira RTP as prazas necesarias para xestionar o servizo de recadación".

Finalmente, manifestan dende AV-En Marea que "como proba de boa vontade dáse o visto bo provisional ao reparto de asignacións orzamentarias concretas ao resto dos acordos previos ao pleno do 2 de Febreiro sobre comunicación, viais e incluso a implementación do programa APEGO de Normalización Lingüistica".

En todo caso, AV-En Marea anuncia que celebrará este sábado "unha asemblea aberta para informar da entrevista e decidir a posición definitiva".