CD Pontellas 1-0 CD Arenteiro
Partido nada vistoso o xogado no sintético de San Campio de Pontellas no que o equipo local fixo un pouco máis para quedarse cos 3 puntos ante un Arenteiro coa pólvora mollada en ataque, fundamentalmente, a razón pola que non foi capaz de sacar algo positivo nesta tarde grísácea, no meteorolóxico e no fútbolístico.
A primeira parte foi bastante equilibrada na posesión do balón, tanto Pontellas como Arenteiro trataban de entrar polas bandas, con máis corazón que acerto, sen grandes apuros para os gardametas de ambos equipos.
Na reanudación, estivo mellor o Pontellas, que protagonizou os mellores minutos do partido, con varias xogadas de perigo, incluído un balón que repeleu o pau. O Arenteiro lograba espabilar conforme ía avanzando esta segunda parte e cando parecía que por fin estaba decidido a dar un paso adiante, chegou o mazazo co gol local no minuto 78. Despois, as presas e un querer e non poder ata o pitido final.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Arbo, Martín, Pana, Padrón, Dafonte, Bardelás (Cuquejo, m. 68), Arce (Sanginés, m. 67), Vitti (D. Vázquez, m. 74) e Alberto (Carlos de Dios, m. 58).