Piden a "Abanca" que manteña aberta a sucursal do Irixo
Máis dun centenar de veciños e veciñas do Irixo concentraronse na Praza do Concello desta localidade para mostrar o seu malestar e protesta contra a decisión da entidade bancaria "Abanca" de pechar parcialmente a sucursal neste concello.
A entidade anunciou que a partir do dia 17 deste mes de marzo tan só abrirá a súa oficina no Irixo en horario de atención ao público, os martes en horario matinal e os xoves en horarios de mañá e tarde, permanecendo pechada o resto da semana.
Na concentración veciñal estiveron presentes representantes de todos os grupos políticos representados na corporación municipal do Irixo, co seu alcalde á cabeza, que procedeu a lectura dun manifesto.
Manuel Penedo recordou o por qué no seu dia nacera "a Caixa de Aforros de Ourense, a caixa, como lle chamaban os que tiveron que emigrar e deixar aquí pais, fillos e o resto da familia, co seu esforzo e os seus aforros axudaron a crear aquela caixa que logo foise expandindo e fusionando, ata chegar a súa nomenclatura actúal, e sen os seus cartos nun poderían chegar a donde chegou o que hoxe é Abanca", dixo.
O rexedor municipal referíuse a esta oficina "como un servizo máis para os veciños do Irixo, hoxe queren pechar a do Irixo pero mañá seguro que será outra noutro sitio".
Finalmente, Penedo pedíu unha reflexión aos responsables de "Abanca" xa que co peche desta oficinas nos pequenos concellos é un paso atrás nos servizos do rural, polo que lles pedíu públicamente que manteñan o actúal horario de atención ao público na súa sucursal do Irixo.