Os concellos de Piñor e O Carballiño organizan actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres
A Concellería de Igualdade do concello do Carballiño, que dirixe a concelleira Marina Ortega, abre a programación de actividades o martes dia 7 coa celebración de un "Taller Lúdico-Didáctico,na procuara da muller salvaxe" a cargo de "Aporía Escénica", desenvolveráse na casa da cultura.
O mércores dia 8 de marzo celebraráse o acto institucional do concello carballiñés, no propio salón de actos do consistorio, no que participarán unha representación do alumnado dos centros educativos do Carballiño, asi como de distintas asociacións locais. No transcurso deste acto, faráse a entrega de premios do "VI Concurso Fotográfico Unha mirada de Xénero, A Muller e o Liderato".
Continuará a programación o sábado dia 11 coa representación teatral "30 e tantos ósos, de "Aporía Teatro".
Finalmente, o domingo 26 de marzo celebraráse a "VI Andaina O Carballiño camiña pola igualdade", as inscricións son gratuítas ata o vindeiro dia 23 no CIM do Carballiño.
"II Semana da Muller" no concello de Piñor.
O Concello de Piñor informa da posta en marcha dunha campaña de concienciación sobre a igualdade de xénero, para conmemorar o Día Internacional da Muller 2017. Co obxectivo de destacar a importancia da muller ó longo da historia, os avances acadados a nivel de igualdade de xénero e a necesidade se continuar esta loita social, este ano o concello aposta pola “II Semana da Muller”, unha iniciativa que pretende acercar á poboación o tema da igualdade e facela partícipe dun modo orixinal e creativo.
Con elo, dende o 7 ó 15 de marzo, as principais dependencias municipais e o Centro de Saúde de Piñor únense nesta campaña igualitaria, levando a cabo dúas accións:
1) “Piñor coa muller”: Implicación dos diferentes Departamentos municipais, de forma que cada dependencia municipal contará cun cartel conmemorativo do Día da Muller, no lugar máis visible para a poboación, destacando a diferentes mulleres recoñecidas ó longo da historia, ben sexa polos seus logros no eido da igualdade ou noutras áreas relevantes.
2) “Doces da igualdade”: para achegar o tema da igualdade de xénero á poboación, as principais dependencias municipais (Atención ó Público, Servizos Sociais, Mediambiente, Urbanismo, Padrón e Alcaldía) e o Centro de Saúde (na consulta do enfermeiro e na da médica) contarán con pequenas chocolatinas marcadas con mensaxes orixinais sobre a igualdade de xénero. A idea é transmitir mensaxes igualitarias en contra do machismo e a sociedade patriarcal, pero dun xeito orixinal e simbólico. Vamos a “endulzarnos”,vamos a volvernos “máis igualitarios”.
Esta iniciativa, que xa foi levada a cabo o ano pasado, pretende chegar á poboación dun modo máis directo, facéndoa partícipe da loita por unha igualdade efectiva entre mulleres e homes. Un compromiso máis co III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Piñor (2014-2017).