O Bañiño de Arcos terá un aparcadoiro, unha obra incluída no plan de mellora termal da Deputación

10, Marzo 2017

O Bañiño de Arcos contará nas próximas semanas cun aparcamento para uns vinte vehículos. É a primeira fase da remodelación desta área termal, que soporta unha gran afluencia de tránsito, sobre todo durante o verán, para buscar auga deste manantial.

Precisamente, co obxectivo de facilitar o aparcamento e mellorar a seguridade das persoas que acuden a pé dando un paseo, incluiuse este proxecto dentro do plan para este ano 2017 da Deputación provincial de mellora das zonas termais.

O proxecto consiste na construcción dun muro de pedra de contención que limita a calzada da carballeira, e o hormigonado e empedrado da zona do aparcamento. Así mesmo, tamén se acondiciona un tramo do camiño de acceso ao Bañiño dende a Ponte de Veiga, na zona da piscifactoría, que vai hormigonada e empedrada.

O custe desta obra é duns 60.000 euros, que sufraga íntegramente a Deputación provincial.

A habilitación deste aparcamento, que permitirá estacionar a uns vinte coches en batería, tamén contriburá a ordenar o tráfico na zona, xa que a menudo se producían problemas debido á dificultade de aparcar e na saída e entrada de vehículos.

Nunha segunda fase procederase ao acondicionamento da área recreativa da carballeira, mellorando o mobiliario e construindo un camiño peonil para acceder á fonte dende a cima do parque, sen ter que baixar pola estrada.