O concello contrata a 21 traballadores para reforzar o persoal de limpeza, xardíns e infraestructuras viarias
O concello do Carballiño ven de asinar un convenio co INEM, a través do Servizo de Colocación de Emprego, para contratar a 21 persoas para os servizos de limpeza, xardíns e infraestruturas viarias, co obxectivo de suplir a carencia de persoal nestas áreas e cubrir as necesidades máis urxentes destes servizos durante a tempada de primavera-verán.
A selección deste persoal, que será contratado por un período de catro meses, dende hoxe ate o 20 de xullo, efectuono o Servicio de Colocación de Emprego.
Os programas do INEM incluidos neste convenio son tres:
•Plan de choque para o adecentamento de espazos públicos do concello do Carballiño. Inclúe 6 persoas para labores de limpeza (5 varrendeiros e 1 operario de máquina) e 3 xardineiros.
•Plan de Choque para a recuperación de infraestruturas e vías de comunicación. Inclúe 6 persoas (2 peóns de construcción, 1 canteiro, 2 peóns de obras públicas e 1 peón agroforestal). •Plan de recuperación do Paseo do Arenteiro. Inclúe 6 persoas (2 oficiais carpinteiros, 1 canteiro, 2 axudantes xardineiros e 1 peón xardineiro).
Dende as áreas municipais de Persoal, Medio Ambiente, Medio Rural e Obras Públicas considérase que estes plans contribuirán a paliar a carencia de persoal do concello e lograr un bo nivel de limpeza e mantemento de rúas, prazas, xardíns, parques, paseos fluviais, camiños e outro tipo de infraestruturas viarias municipais. Ademáis, o feito de que entren en funcionamento no comezo da primavera garante que se poidan mellorar estes servizos na tempada de maior afluencia de visitantes e xente nas rúas. De ahí que se espera que para esta próxima semana Semana Santa, O Carballiño ofreza a mellor imaxe posible dos espazos públicos.