Sobre as aclaración do Concelleiro de Cultura do Carballiño
Si a nota que moitos puidemos leer é do Sr. Diego, Concelleiro de Cultura do Excmo Concello do Carballiño, escrita por él, vaia! Abraiante! debería antes pasala por un corrector.
Destaco un suposto interés pola súa parte en intentar non "cabrear" a un colectivo que dende hai moito tempo, leva a cabo unha actividade que o Señor Concelleiro lle sona, pero que lle é descoñecida. Que saibamos non acude a estas sesións cinematográficas. Nin a estas, nin a outras actividades. Será que non teñen suficiente afluencia de público para él?
Por outro lado Señor Concelleiro, moitos sabemos que a maior parte das actividades "culturais" que se veñen programando no Carballiño, ben son de iniciativa privada (como o cineclube), ben parten dunha empresa que vostede contratou e que facilitan a labor nunha alta procentaxe. Tanto lle la facilitan, que é vostede capaz de non ter absolutamente nada programado durante semanas, e despois, O MESMO día, facer coincidir varias a mesma hora, no Carballiño. Ainda non tivemos a oportunidade que esto acontecese non mesmo lugar, esperemos que non suceda, e si sucede, quero estar presente por aquelo de asistir a un esperpento máis.
Esta é unha proba máis da súa escasa eficiencia, coa que vostede pretende xustificar a adicación pola que cobra uns cartos do fondo público.
Non intente agora decir que hai outro espazo no Carballiño onde se poden proxectar as películas, pois o que tiña que haber feito con tempo, porque ademáis era perfectamente posible, era poñerse PERSOALMENTE, en contacto, cos organizadores neste caso, do Cineclube.
Pero nin para esto, nin para moito máis. Señor Diego, vostede non ten capacidade organizativa e moito menos talante negociador (de casta le viene al galgo). Traballe Señor Concelleiro, que con estar varias horas no posto non é suficiente, hai que facer que sexan produtivas e deixar de escudarse nos técnicos. Faga traballar ese seu cerebro, e reinvente un Carballiño con actividades para todos, ben organizadas.