O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro censura ao concello pola " deficiente xestión realizada no parque e outras zonas arboladas"
O Grupo de Acción Ecoloxísta Outeiro manfesta a súa preocupación "tras observar como nestes dias podas indiscriminadas de árbores na estrada N-541 ao seu paso polo Carballiño, podas realizadas a destempo, xa que estas condicións favorables de luz e temperatura, permiten que se inicie a crianza de aves, protexidas por lei, que anidan nestas zonas arboreas".
Os ecoloxistas de Outeiro tamén mostras a súa sorpresa "polo descabezamento de 15 exemplares de tulipíferos de Virginia, de 15 metros de altura e 25 anos, especie de gran calidade ambiental e ornamental, situadas na explanada da entrada principal do parque municipal".
Unha actuación do concello do Carballiño que "carece de lóxica, tanto desde o punto de vista paisaxístico como da arboricultura moderna, pois as consecuencias futuras de tal práctica serán catastróficas para as árbores", manifestan.
En opinion de Outeiro "esta lamentable actuación creou un problema onde non o había, ao destruir patrimonio ambiental sen necesidade nin xustificación, accións que comprometen a súa supervivencia, ademáis abre unha vía de entrada de patóxenos nesta zona do parque, creando potenciais focos de infección da masa arborea, compromentendo a establidade das árbores, e aumentando as probabilidades de caída de exemplares, co conseguinte risco para os usuarios".
Finalmente, considera Outeiro que "resulta incmprensible a execución destes traballos sen asesoramento técnico" e recorda que "en Setembro de 2015 xa remitiron ao concello do Carballiño un informe de medidas urxentes no parque municipal, entre elas a protección do solo, evitando o barrido anual, o paso de maquinaria pesada sobre as raíces ou a sinalización e valizado das árbores máis valiosas", subliñan.