CD Moaña 2-0 CD Arenteiro
Derrota do Arenteiro na súa visita ao campo do Casal de Moaña, nun partido que moi pronto de puxo de cara para os locais cando no minuto 6 e como consecuencia dun córner mal defendido polos verdes chegaba o primeiro gol do Moaña.
Co marcador de cara, o Moaña sentíuse cómodo e obrigou ao Arenteiro a apretar para tratar de empatar o partido, e pudo facélo cun par de ocasións das que dispuxo aínda antes do descanso, a máis clara, tamén ao lanzamento dende o córner cun balón que Adrián Padrón cabecea e vaise fora por moi pouco.
Na segunda metade o Arenteiro seguíu buscando o gol, aínda que sen fortuna nos metros finais. Sanginés, cun balón que gañou entre a defensa, a piques estivo de marcar. Tamén Dani Chimpín nun libre directo que enviou o balón á escadra que sacou con apuros o meta local, asi como un remate de Vilachá que se foi fora por pouco. Non era a tarde do Arenteiro, que ademáis de enfrontarse a un moi bo equipo, tampouco soubo adaptarse ás reducidas dimensións do terreo de xogo, de superficie sintética.
Xa no minuto 83, nun balón perdido na zona central, chegou o contragolpe do Moaña, co gol da sentencia.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Padrón, Martín, Vilachá, Dafonte, Bardelás, Dani Chimpin, Arce, D. Vázquez e Sanginés. Tamén xogaron Carlos De Dios, Varandela, Alberto e D. Arbo.