Columpios perigosos na Alameda
Esta é unha chamada á responsabilidade para quén lle competa no Concello de Maside. Xa que temos poucos cativos no pobo, polo menos, que a Administración municipal procure garantizar a seguridade pública nos espazos destinados a aquéles.
O columpio en cuestión ameaza con soltarse, e cando é utilizado simultaneamente por dous rapaces móvese a estructura que os soporta. Se a ésto unimos que pola desidia á que estamos afeitos, fai tempo que en faltan varios tornillos, pois xa temos a situación propicia para o accidente.
A Alameda, é unha das "xoias da coroa" que temos en Maside pero desta maneira non se fixa poboación. Urxe a reparación, que polo momento pódese solventar cun pouco de material de ferretería.