Concertos, monólogos e actividades literarias, no Maio Cultural do concello carballiñés

5, Maio 2017

O humoristra galego Touriñán volta ao auditorio do Carballiño dentro da programación cultural do mes de maio. O espectáculo que ofrecerá, xunto a Marcos Pereiro, titúlase “AGORA EN SERIO. 15 ANOS COS DOUS DE SEMPRE”. E terá lugar o venres, 12 de maio. Debido á gran expectación que hai, anúnciase xa un segundo pase. Así, as actuacións terán lugar ás 21,00 h., e 23,00 h. As entradas poden adquirirse en Ataquilla.com ou ben a partir do martes, 9 de febreiro, no restaurante A Fuchela. Precisamente, Touriñán xa tivera que dar tres pases en xaneiro, durante o ciclo de monólogos Carballiño Comedy.

Pero non será este o unico monólogo que teña lugar en maio, pois dous días depois, o domingo, 14 de maio, ás 19,30 h., tamén no auditorio, terá lugar o espectáculo Monólogos R, coa presentación de Sergio Pazos, e as actuacións de Víctor Grande, David Perdomo e Pepe Suevos. Estes monólogos son de balde, por xentileza de R, e as entradas poden recollerse no establecemento de R, na rúa do Paseo do Carballliño.

Así mesmo, o sábado, 20 de maio, tamén no auditorio, ás 20,30 h., actuará o grupo A Roda, cun concerto que conmemora os 40 anos do grupo, e co que están facendo unha xira por toda Galicia. O prezo das entradas é de 10 euros se se compran anticipadamente (Aparthotel Arenteiro, A Fuchela e Cafetería O Fiadeiro), ou 12 euros en taquilla.

Son os pratos fortes da programación do mes de maio que foi presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, quen agradeceu a colaboración de R e das productoras que están apostando por traer espectáculos ao Carballiño, como CER&BER.

Conxuntamente coa concellalía de Benestar Social, o venres, 26 de maio, ás 20,00 h., no auditorio, haberá unha charla-coloquio de El LANGUI.

O xoves,18 de maio, ás 20,00 h., no auditorio, terá lugar a Audición anual da Escola Municipal de Música e o Conservatorio.

LETRAS GALEGAS 2017

A conmemoración do Día das Letras Galegas, que nesta edición está adicada a Carlos Casares, contará cunha programación especial, que inclúe un concerto de Pablo Díaz e a banda TIC TAC TOC (Sábado, 13, ás 12,30 h., no auditorio); a pintura dun mural, a edición dun marcapáxinas para distribuir nos centros educativos a aos veciños; actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal, cunha exposición e obradoiros os días 15, 16, 18 e 19, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 11 anos, e un dirixido especialmente a persoas con discapacidade intelectual.

E tamén se programa un acto público cunha audición de música de blues e a presentación da novela que acadou o Premio Eduardo Blanco Amor 2016, “Blues para Moraima”, do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández, que terá lugar o 17 de maio ás 20,00 h., na Praza Maior.

E, finalmente, unha exposición sobre Carlos Casares que se abriu hoxe no concello.

Xa para rematar, haberá un curso de iniciación á fotografía para nenos, que organiza a Asociación Fotográfica O Potiños. O día 20, de 10,00 a 13,00 h., para nenos e nenas de 10 a 13 anos. E o día 27, co mesmo horario, para nenos e nenas de 14 a 17 anos. Hai 15 prazas por curso, que se desenvolverá na aula José Suárez de Partovia.

E o sábado 27, na aula do Cemit do concello, terá lugar un obradoiro de emprendemento tecnolóxico, que organiza CreaR. Haberá tres quendas: de 10,00 a 12,00 h., para nenos de 7-8 anos; de 12,00 a 14,00 h., para nenos de 9-11 anos, e de 16,30 a 18,30 h., para nenos de 12-15 anos.