Malos cheiros na rúa principal
Dende hai xa bastante tempo nos días que fai bastante calor nótase na rúa principal un forte e desagradable cheiro, que creo que procede dos sumidoiros que se atopan ao longo desta especialmente na rúa Tomás Mª Mosquera polo que creo máis que convinte que éstes se deberían limpar con auga a presión para erradicar estes malos olores agora que o verán está á volta da esquina evitando, deste xeito, que os/as veciños/as do Carballiño teñamos que seguir aturando estes cheiros e que os turistas que acudan a nosa vila se leven unha mala impresión do noso pobo por culpa duns sumidoiros que dende fai bastante tempo que non se limpan e nos que se acumula todo tipo de lixo e sustancias en descomposición que por causa das altas temperaturas provocan estes fétidos e apestosos olores.