A voltas cos trens pero ningúen fala dos autobuses. TODOS CALADIÑOS.
Moito se fala de se quitan trens pero nunca se fala dos autobuses. Concretamente dos autobuses de liña que explota a empresa Monbus (antiga auto industrial). A situación e aínda máis dramática que cos trens. Xa non temos autobuses diario nin con Santiago nin con Vigo. E con Ourense a situación é cada vez peor. Os sábados non hai nin un so servizo con ourense. Escoitades ben, ningún. E domingos e festivos soamente hai un servizo con horario nada comercial. Curiosamente esos son os días que a xente máis demanda eses servizos para desprazarse as cidades por temas de ocio, etc. Pero logo dirán as empresas usuarias que non hai xente e que por iso quitan os servizos. Non é o mesmo que di REnfe? Pero como vai haber xente se non hai servizos??
TODOS CALADIÑOS.