O Auditorio acolle a VIII Gala do Deporte do Concello do Carballiño
Un total de vintecinco clubes e deportistas serán homenaxeados durante a VIII Gala do Deporte do Carballiño, que se celebrará no auditorio municipal.
Este evento, que se celebrará este venres dia 30 de Xuño ás 20:30 horas, quedou interrumpido en decembro do ano 2014, e agora recupérase pero con carácter bianual. O concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, considera que é un período máis axeitado que o anual, polo que se celebrará cada dous anos no mes de xuño, ao remate da tempada deportiva.
Nesta gala, que terá unha parte de espectáculo e entretemento, entregaranse diplomas e estatuíñas en recoñecemento dos meritos deportivos acadados polos clubes, entidades e deportistas ao longo desta tempada, que foi pródiga en éxitos deportivos individuais e colectivos.
Ao remate da gala, ás 22,30 h., celebrarase unha cea no restaurante Esclavo. As persoas que queiran asistir a esta cea deberán inscribirse na área municipal de Deportes do concello ata o xoves, 29.
Dende a área de Deportes convídase a todos os carballiñeses e carballiñesas a asistir a esta gala como un xesto de apoio ao deporte e deportistas do Carballiño.